TURISMO
Apostamos por produtos turísticos únicos e integrais de Ferrol.
- Defender os intereses turísticos de Ferrol.
- Converter FERROL NO PRIMEIRO DESTINO ILUSTRADO DE ESPAÑA.
- Deseñar e promover outros produtos turísticos como o Camiño Inglés desde Ferrol.
- ASESORAR aos Organismos Turísticos da Administración Pública, as Sociedades e outros entes especializados.
- Crear e xestionar o OBSERVATORIO DE ESTUDOS DE FERROL en materia de Turismo.
- Constituir e coordinar un CENTRO DE REFLEXIÓN E ANÁLISE integrado por analistas e expertos que promovan o progreso turístico de Ferrol.
ECONOMÍA
A riqueza de Ferrol pasa por promover novos consumos.
- Defender os intereses económicos de Ferrol.
- DINAMIZAR FERROL, a súa vida e a súa actividade económica, con especial atención á dinamización do COMERCIO e a vida CULTURAL da cidade.
- Constituir e coordinar un THINK TANK en materia económica e de consumo.
- Asinar convenios ou acordos de colaboración con entidades que sexan de interese.
BENESTAR SOCIAL
Unha cidade para tod@s, cunha boa calidade de vida.
- Deseñar, promover e desenvolver iniciativas de índole social na cidade.
- Impulsar a mellorar o BENESTAR SOCIAL E A CALIDADE DE VIDA dos habitantes de Ferrol.
- Promover e desenvolver INICIATIVAS SOCIAIS E DE BENESTAR SOCIAL dirixidas á poboación local e, especialmente, aos colectivos con necesidades especiais.
- Cumprir e promover os valores de SOSTENIBILIDADE, ACCESIBILIDADE, INCLUSIÓN E IGUALDADE.